Quienes somos

Logo

Quen Somos

CASA TERRÓN é unha empresa de carácter familiar adicado á venda de todo tipo de mercadorias ao pormenor. Dende as súas orixes, os máis diversos materiais pasaron polos seus estantes nun continuado esforzo por adaptarse e evolucionar coas propias demandas do mercado.

 

Dende unha compra de explosivos no ano 1916 (tal e como atestigua un documento da UNION ESPAÑOLA DE EXPLOSIVOS, pasando polos ultramarinos, zapateria, ferretería diversa, materiais de construción, electrodomésticos, as novas tecnoloxias, etc..) CASA TERRÓN estivo presente e foi un importante actor económico no contexto comercial de Friol.

Caderno de contabilidade de xaneiro
do ano 1916.

José Sánchez Núñez e Avelina Terrón
Rodríguez, fundadores de Casa Terrón.

Documento da Unión Española de
Explosivos datado no ano 1916

Na actualidade dipoñemos dun amplo surtido en materiais de ferretería, coas principais marcas do mercado.
Conforme á filosofía desta empresa de adaptarse aos tempos, hai xa máis de corenta anos que os electrodomésticos se converteron nun dos principais referentes no volume de vendas de Casa Terrón.

 

De cara ao profesional, o material eléctrico, a carpintería ou á fontanería, con todos os elementos necesarios para a instalación de bombas de auga ou caldeiras de calefacción ocupan un espazo destacado nas nosas instalacións, a prezos moi competitivos.

 

Dispoñemos dun amplo almacén destinado á trefilería, chapas de ferro e todo tipo de medidas e tipos de perfileria de ferro.

 

O bazar e todo tipo de utensilios para o fogar ocupan desde sempre un lugar moi importante dentro das nosas prioridades.

Botella de tinta estilográfica Pelikan
dos anos 50.

Micrograbadora a cassete da marca Ocean
do ano 1975.

Calzado de muller confeccionado
exclusivamente para Casa Terrón.

Ao longo dos seus máis de cen anos de historia, a constancia no traballo diario e a máis coidadosa atención ao público son o ben máis prezado desta empresa. A rigurosa selección dos mellores produtos de cara a ofrecer a máxima calidade á súa clientela marcou as directrices que nos levaron a manter en Friol, xa por terceira xeración, unha empresa feita con corazón e comprometida a seguir medrando. Por iso agradecemos a confianza que ano tras ano depositan en nós os nosos clientes.

Aló polos anos sesenta tivemos o único cine que houbo en Friol, proxectando os éxitos do momento