Logo

Quen Somos

CASA TERRÓN é unha empresa de carácter familiar adicado á venda de todo tipo de mercadorias ó pormenor. Dende as súas orixes , os máis diveros materiais pasaron polos seus estantes nun continuado esforzó por adaptarse e evolucionar coas propias demandas do mercado.


Dende unha compra de explosivos no ano 1916, tal e como atestigua un documento da UNION ESPAÑOLA DE EXPLOSIVOS, pasando polos ultramarinos, zapateria, ferretería diversa, materiais de construcción a chegada dos electrodomésticos, as novas tecnoloxias, etc..CASA TERRÓN estivo presente e foi un importante actor económico no contextocomercial de Friol.

Caderno de contabilidade de xaneiro
do ano 1916.

José Sánchez Núñez e Avelita Terrón
Rodríguez, fundadores de Casa Terrón.

Documento da Unión Española de
Explosivos datado no ano 1916

Na actualidade dipoñemos dun amplo surtido en materiais de ferretería, coas principais marcas do mercado.
Conforme a filosofía desta empresa de adaptarse aos tempos, hai xa máis de corenta anos que os electrodomésticos se convertiron nun dos principais referentes no volumen de vendas de Casa Terrón.


De cara ao profesional o material eléctrico, a carpintería ou a fontanería, con todos os elemento necesarios para a instalación de bombas de auga ou caldeiras de calefacción, ocupan un espacio destacado nas nosas instalación, a prezos moi competitivos.


Dispoñemos dun amplo almacén destinado á trefilería, chapas de ferro e todo tipo de medidas e tipos de perfileria de ferro.


O bazar, e todo tipo de utensilios para o fogar ocupan desde sempre un lugar moi importante dentro das nosas prioridades.

Botella de tinta estilográfica Pelikan
dos anos 50.

Micrograbadora a cassete da marca Ocean
do ano 1975.

Calzado de mujer confeccionados
exclusivamente para Casa Terrón.

Situada en Friol, ao longo dos seus cen anos de historia a constancia no traballo diario e a maís coidadosa atención ao público, o ben máis prezado desta empresa, así como a rigurosa selección dos mellores productos de cara a ofrecer a máxima calidade aos seus clientes, marcou as directrices que nos levaron a manter, xa por terceira xeración, unha empresa feita con corazón e comprometida a seguir medrando, grazas á confianza que ano tras ano depositan en nos os nosos clientes.

Aló polos anos sesenta tivemos o único cine que houbo en Friol, proxectando os éxitos do momento.